A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

jueves, 27 de junio de 2013

Clausura Lectura Fácil 2012/2013

Este xoves rematou a temporada do grupo de Lectura Fácil, e para celebralo fixeron unha xuntaza para compartir uns minutos de lecer xunto coa concelleira de Cultura xalleira, María Josefa Pose.


Recomendacións da semana

Segundos Negros (Karin Fossum)



Novela policiaca, o libro comenza ca desaparición dunha nena de dez anos nunha poboación rural rodeada de granxas e bosques en Noruega...


La Sociedad Juliette (Sasha Grey)




Sasha Grey introdúcenos nunha sociedade secreta de poder e erotismo...



A Hora do Conto

Este verán os pequech@s de 3 a 7 anos que queiran participar nun Obradoiro de Animación a Lectura, poden facelo tódolos martes e xoves na Biblioteca Municipal do 16 de xullo ao 13 de agosto.

Non o dubides, anótate xa!!!

Lugar : Biblioteca Municipal, Casa da Cultura, 1º andar.

Duración:  16 de xullo ao 13 de agosto

Horario: martes e xoves, de 11:00 a 12:00

Idades: de 3 a 7 anos





miércoles, 26 de junio de 2013

Trinke-Trinke trouxo os Ratos a Biblioteca de Santa Comba

O pasado día 18 de maio a Compañía Trinke-Trinke fixo disfrutar aos pequechos xalleiros coa obra Ratos na Biblioteca. A actividade está incluída no programa Ler Conta Moito.IMG_0361

IMG_0371

Ler e…. escribir con Xabier López López na Biblioteca de Santa Comba

07 de xuño, unhas horas antes de ser nomeado Premio Xerais de Novela 2013 coa obra ” Cadeas”, o escritor Xabier López López estivo en Santa Comba. Nunha actividade enfocada aos adultos explicou cómo un lector chega a ser escritor. A  súa conclusión é que para ser escritor, primeiro,  tes que ser moi bo lector. Esta actividade está incluída dentro do Programa Ler Conta Moito.
IMG_3480

lunes, 3 de junio de 2013

LER E ESCRIBIR




"Ler e Escribir" é unha actividade enfocada para os adultos, na que o vindeiro venres 7 de xuño todas as persoas que o desexen poden participar. Os asistentes poderán coñercer diversos aspectos sobre a lectura e a escritura.
Contaremos coa presenza do escritor Xavier López López.

Será na Biblioteca Municipal ás 17:00 horas

Quedas convidad@!!!