A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

viernes, 23 de diciembre de 2011

martes, 25 de octubre de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

O espectáculo contou coa concelleira de Cultura, María Pose

Os nen@s pasaron unha tarde divertida


Día da Biblioteca 2011

"Tomasa que che pasa" é o nome espectáculo 


Ademáis dos nen@s, os maiores tamén se animaron a acompañarnos

jueves, 20 de octubre de 2011

DÍA DA BIBLIOTECA 2011

O vindeiro 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca co espectáculo "Tomasa que che pasa", unha obra teatral para todos @s nen@s que desexen disfrutar dunha tarde divertida. Será as seis da tarde (18.00 horas), na biblioteca. Esperámoste!!

Sinopse da obra:  A pobre profesora “Tomasa” está desquiciada porque intenta explicarlle ó Duende Sico cómo se fai un libro e as partes que ten, pero el non está prestando moita atención… Menos mal que 
está rodeada de nenos que seguro que lle votan unha man.

lunes, 10 de octubre de 2011

LER E XOGAR EN GALEGO

A Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba acaba de recibir para o seu fondo un lote de libros en galego (arredor de 500), xunto con algúns xogos e libros con trucos de enredos para os máis cativos. Todo isto donado pola Consellería de Cultura-Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

jueves, 6 de octubre de 2011

LECTURA FÁCIL

¿Quén somos?

O grupo de Lectura Fácil é un grupo de persoas que se reúnen todos os xoves polas mañás na Biblioteca Pública do Concello de Santa Comba, de 10:30 a 12:00 horas.















¿Por qué este grupo?

Porque arredor do 30 % da poboación ten dificultades lectoras.
Porque o acceso a lectura é unha necesidade social e un dereito recoñecido.

¿A quén vai dirixido?

As persoas con dificultades lectoras de carácter transitorio (inmigración, incorporación tardía a lectura, escolarización deficiente, trastornos do aprendizaxe...)

Obxetivos:

Intentar unhas lecturas atractivas.
Lecturas en voz alta.
Compartir opinións sobre o lído.
Aprender a escoitar con intencionalidade.
















Todas aquelas persoas que queiran poden inscribirse pasando pola Biblioteca Municipal.

lunes, 5 de septiembre de 2011

LECTURA FÁCIL


Aberto o prazo de inscripción para tódalas persoas que queiran formar parte do grupo de Lectura Fácil 2011/2012.
Desde o día 6 de outubro tódolos xoves de 10:30  a 12 da mañán na biblioteca pública.

Porque ler é un pracer que permite compartir ideas, pensamentos e experiencias. 

viernes, 2 de septiembre de 2011

ANIMACIÓN A LECTURA

Aberto o prazo de inscripción para os rapaces (entre os 6 e 12 anos) que desexen participar no curso 2011/2012. Comeza o sábado 1 de outubro, de 11 a 13 horas.

CURSO DE MECANOGRAFÍA

Aberto o prazo de inscripción para o curso de mecanografía 2011/2012, dirixido a nen@s de 7 a 11 anos. Prazas limitadas.
O curso impartirase os sábados, en horario de 10.00 a 13.00 horas.
Comezo: 01 de outubro.

NOVO HORARIO

O vindeiro 12 de setembro recuperamos o horario de inverno:

Luns a venres:

Mañáns:  09.00 a 14.00 horas
Tardes:   15.00 a 20.30 horas

Sábados: 09.30 a 13.30 horas