A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

jueves, 23 de octubre de 2014

GaliciaLe

Xa votou andar a plataforma de préstamo GaliciaLe. Préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas.
Con múltiples formatos e diversidade de temas.
Agora tes a túa biblioteca a un clic de distancia
¡ ANIMADEVOS A VIR !

LEVA UN LIBRO DE REGALO

Co motivo do dia da Biblioteca o venres 24 tod@s os usuari@s que fagan uso dos seus servicios levaran un libro de balde.

24 DE OUTUBRO DIA DA BIBLIOTECA

Este ano 2014 o Día da Biblioteca e adicado a autora Ana María Matute. Tendes a vosa disposición unha ampla bibliografía de esta entrañable autora que conta con innumerables premios literarios.

viernes, 12 de septiembre de 2014

NOVO HORARIO

O martes, 16 de setembro, recuperamos o horario habitual de inverno.

Luns a venres: 09:00 a 14:00 ** 15:30 a 20:30

Sábados:  10:00 a 13:00

LECTURA FÁCIL 2014/2015

Aberto o prazo para a inscripción da nova temporada do grupo de Lectura Fácil. Que se imparte na Biblioteca Pública (Casa da Cultura), os xoves pola mañan.
Porque ler é un pracer que permite compartir ideas, pensamentos e experiencia.
¡ Contamos contigo !

lunes, 8 de septiembre de 2014

LIBROS TERAPÉUTICOS PARA O PUBLICO INFANTIL E XUVENIL

Co remate do verán a Biblioteca Pública Municipal  fai unha serie de recomendacións para os máis pequenos da casa. Animalos con unha serie de LIBROS moi DIDÁCTICOS. Cargados de ilusións, desexos, amistad, grandes valores e con unhas ilustracións alegres e coloristas. Traballan adxetivos, descripción, axudan a conocer os roles das persoas que conforman o seu entorno tanto a nivel escolar como familiar (quen e cada quen e a que se dedica), autoestima e autenticidade que e o camiño da satisfación para encontrar o teu espacio através do reconocemento e a valoración. Aceptar o que eres ou tes. Estilos desenfadados que desprenden moito optimismo e humor.
































En definitiva, un álbum de situacións da vida cotidiá para reforzar hábitos saudables.


miércoles, 7 de mayo de 2014

CANCIÓNS FALADAS CON PAULA CARBALLEIRA

Con motivo da celebración do " Mes das Letras "  o mes de Maio,  a Biblioteca Pública Municipal invita a tod@s os xalleir@s a participar nesta sesión de contos. O xoves 15 de maio de 11:00 a 12:00 horas da maña. En compañía da autora Paula Carballeira.



Na orixe foi o conto oral. Despois pasou a escribirse e mesmo a desenvolverse en diferentes xéneros: narrativa, poesía, teatro. Nesta sesión de contos repasaremos algúns contos de tradición popular europea que darían orixe a traxedias de Shakespeare, a reelaboracións de contos clásicos de Perrault ou os Grimm, e mesmo a autoras e autores contemporáneos que recollen temas e estructuras das historias de toda a vida, as que se transmitiron de xeracións a xeracións, coa palabra falada e un libro ao lonxe.

viernes, 4 de abril de 2014

RECOMENDACIONES DE LIBROS INFANTILES EN ESPAÑOL

LIBROS INFANTILES






Queda la música es un poemario infantil, pero al alcance de tod@s. Cuando uno es niño, parece decir el poeta, puede entender mejor la poesía porque tiene los ojos del alma limpios y no necesita nada más que sentir. Eso se pide a los lectores del libro, que sientan y se dejen envolver. Niñ@s y mayores unidos por el mismo embrujo, el de la música. Es un libro que apela al sueño, a la sensibilidad y a la ilusión: " Quiero soñar, quiero escuchar, notas que brillan, cerca del mar ". Abramos nuestro sentidos y, atentos, que la música empieza






Un animal minúsculo le gana la partida al grandullón. Invitación divertida al juego de palabras basada en un cuento popular portugués






Cuento popular. Esto es lo que les sucedió a tres chivos, un grande, otro mediano y un pequeño, que un día quisieron cruzar el puente para comer hierba y se encontraron con un terrible ogro ...






El Premio Compostela es una fábula contemporánea sobre la incomunicación, una reflexión poética sobre las personas y sus emociones






Cuento popular. Un gato insaciable que come todo lo que se le pone por delante. Es un texto encadenado que invita al juego oral y pone a prueba la memoria del lector






Todos los ratoncitos recolectaban frutos y comida para el duro invierno menos Frederick, que recogía colores y rayos de sol como buen poeta y artista






Un viaje para crecer, con sumas y restas encadenadas, siete lágrimas y siete amigos ... y mucho más en una historia repleta de ternura






La maternidad a través de la poesía y del arte, entre la ternura y la exuberancia cromática. Un canto universal al amor y a la vida en toda su extensión, desde el ser humano y las criaturas que nos rodean, hasta la Madre Tierra


lunes, 31 de marzo de 2014

ABRIL MES DOS LIBROS

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen celébrase o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
CARTAS AS CRIANZAS DO MUNDO
OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?
Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.
Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.
Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor.
Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir.
Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.
É, posiblemente, o que os humanos fan mellor.
Seguide lendo!
Siobhán Parkinson
Autora, editora, tradutora
e gañadora do Premio na nÓg

Traducción: Concha Blanco


viernes, 28 de marzo de 2014

Bibliotecas Animadas

O mes de Abril celebrase o " Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil ,  Día Internacional do Libro, Día Mundial da Propiedade Intelectual " con este motivo a BPM de Santa Comba coa colaboración da Xunta de Galicia no programa " Ler Conta Moito " e o Concello de Santa Comba, queren invitar a tod@s nen@s a que veñan PARTICIPAR no Obradoiro o longo de tres días
 22(Martes),23(Mercores),24(Xoves) de Abril 
De  18.00 a 20.00 horas
ENFOCADO A NEN@S DE 6 A 12 ANOS
TOTALMENTE GRATUITO