A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

jueves, 10 de noviembre de 2016

Recordade que este sábado 12 de Novembro ás 11:00 na Biblioteca Pública de Santa Comba temos A TRASTENDA DOS CONTOS coa obra "Cervantes vs Skakespeare" dentro do II CICLO DE TEATRO SANTA COMBA 2016.Para todos os nenos/as maiores de 4 anos. Entrada gratuita.

martes, 8 de noviembre de 2016

Manifesto 2016

Solo el que sabe es libre, y el que más sabe es más libre”. Miguel de Unamuno
Encántame a definición da ciencia como un sistema de coñecementos ordenados. Cando os nenos preguntan insistentemente, e ás veces fastidiosamente, “por que?”, están establecendo as bases dos seus coñecementos. Amplialos e ordenalos será unha tarefa que poderá enriquecelos ao longo da súa vida. Porque unha das marabillas do pracer de aprender é que nunca se termina de aprender.
Penso que todos nós deberiamos de ser conscientes de que construír un futuro para o noso país é construír un futuro para o mundo, e esa construción haberá de basearse na sabedoría daqueles que nos precederon, pero tamén na daqueles que están a traballar, a investigar e a descubrir todos os días.
Os coñecementos científicos marcan a historia da humanidade no seu sentido máis amplo, xa que esta non podería entenderse se non o fose dende o desenvolvemento da tecnoloxía baseada sempre na ciencia: dende a agricultura á máquina de vapor e aos voos espaciais.
Ao tempo, os humanos temos un instrumento único para á transmisión do coñecemento: a linguaxe. Unha linguaxe diversa e rica ao longo do mundo e que para os galegos é especialmente vantaxosa, xa que, unida ao noso irmán o portugués, podémonos entender con 280 millóns de habitantes, e aínda máis, cos 400 millóns que falan español. Somos ricos en número, está claro, pero ademais somos ricos en matices, en xiros, en sutilezas. Esta riqueza da nosa lingua estou certa de que nos axuda a ver o mundo dende a reflexión e a dúbida. Non é acaso esta actitude a clave para nos aproximar ao coñecemento?
A globalización na que vivimos é tamén outra enorme vantaxe para achegarnos ao coñecemento. Un coñecemento que está recollido basicamente na inxente bagaxe das nosas bibliotecas, a día de hoxe moitas delas públicas, e tamén, e cada vez máis, dende a facilidade das comunicacións informáticas. Hoxe vivimos en Galicia, e dende Galicia vivimos no mundo.

Isabel Aguirre

lunes, 24 de octubre de 2016

O Sábado 22 de Outubro para celebrar o día da Biblioteca tivemos a actividade "Arte nos libros - Luis Seoane" impartido por Crearte Servizos Culturais dentro do programa Ler conta moito.



martes, 18 de octubre de 2016

Imaxes artísticas, lecturas e pequenas actividades plásticas conforman estes divertidos obradoiros, nos que os rapaces reflexionan e dialogan a partir de imaxes artísticas e textos literarios, estimulan a creatividade e establecen conexións entre artes visuais, literatura, historia e ciencia.



jueves, 13 de octubre de 2016

O SÁBADO 8 DE OUTUBRO AS 11 DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE SANTA COMBA, EXPRESIÓN PRODUCCIÓNS ESTIVO COA SÚA OBRA "CONTO CONTIGO", DENTRO DO PROGRAMA LER CONTA MOITO.






ATRAVÉS DUN CONTO CON MONICREQUES E MAXIA OS NEN@S PASARON UN RATO MOI DIVERTIDO.

lunes, 3 de octubre de 2016

Espectáculo con contacontos, titeteres, maxia e animación enfocado ó mundo dos libros.
É unha proposta moi divertida, participativa, amena e educativa.



LECTURA FÁCIL

COA CHEGADA DO OUTONO RETOMAMOS O CLUBE DE LECTURA FÁCIL CUNHA GRAN DIVERSIDADE DE LECTURAS QUE NOS PERMITEN COMPARTIR IDEAS, PENSAMENTOS E EXPERIENCIAS.

ANÍMATE, CONTAMOS CONTIGO!


TODOS OS MÉRCORES DE 10:30H.  A 12:30H.
NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE SANTA COMBA

lunes, 30 de mayo de 2016

Obradoiro " A casa de Manuel María"

O Sábado 28 as 11 da mañá, celebrouse na BPM de Santa Comba o obradoiro “A casa de Manuel María” da man de teatro Babaluva dentro do programa “Ler conta moito”. Neste obradoiro,  nenos/as de entre 5 e 9 anos escolleron (através dunha poesia de Manuel María) como tema principal unha vaca. Entorno a ela dibuxaron e pintaron, creando un libro despregable.

martes, 24 de mayo de 2016

"A Lanterna Máxica" na BPM de Santa Comba

Para celebrar o día das letras galegas o sábado 21 de maio as 11 da mañá na Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba, tivo lugar o obradoiro "A lanterna máxica" onde un grupo de nenos e nenas aproximaronse o mundo do cine, do teatro e da literatura, através dos poemas de Manuel María e as viñetas de Castelao.
IMG_20160521_113321IMG_20160521_114503

IMG_20160521_123743

jueves, 19 de mayo de 2016

A LANTERNA MÁXICA

ESTE SÁBADO 21 DE MAIO AS 11 DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SANTA COMBA.


ACTIVIDADE DIRIXIDA A NENOS/AS DE ENTRE 4 E 12 ANOS DE IDADE

martes, 5 de abril de 2016