A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

lunes, 23 de octubre de 2017

OBRADOIRO "SopMotion" (Foto a Foto) NA BIBLIOTECA

Estes catro sábados pasados na BPM de Santa Comba, realizamos un obradoiro que por medio dunha técnica de animación chamada StopMotion os nenos e nenas que participaron fixeron a súa propia animación. Debuxando en cartolinas, plastilina etc, para que despois coa cámara e fotografando os debuxos crear a animación.


viernes, 20 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO

O 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas, esos espazos, lugares de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura. Como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana, como algo que cura, que alonxa ao inocente do que agrede, en especial dos mais vulnerables, o que fai dano, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real. As bibliotecas reparten refuxio, velan po los libros que habitan nelas para que non morran nin desaparezcan.

Achégate á biblioteca o 24 de outubro e terás un premio.

VEN CELEBRALO CONNOSCO



lunes, 25 de septiembre de 2017

OBRADOIRO PARA NEN@S

Un obradoiro de catro sesions onde afondaremos nas nosas capacidades creativas a través da técnica de animación Stop Motion (foto a foto). Conectaremos ás e aos participantes co mundo da literatura e do cinema por medio da lectura, da creación e expresión plástica, a fotografía e o traballo en equipo.

viernes, 15 de septiembre de 2017

LECTURA FÁCIL

COA CHEGADA DO OUTONO RETOMAMOS O CLUBE DE LECTURA FÁCIL CUNHA GRAN DIVERSIDADE DE LECTURAS QUE NOS PERMITEN COMPARTIR IDEAS, PENSAMENTOS E EXPERIENCIAS.

ANÍMATE, CONTAMOS CONTIGO!


TODOS OS MÉRCORES DE 10:30H.  A 12:30H.
NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE SANTA COMBA.

COMEZAMOS EN OUTUBRO. INFORMATE NA BIBLIOTECA

jueves, 22 de junio de 2017

CLUBE DE LECTURA FÁCIL

Rematamos!!! Tras mais de nove meses de lecturas compartidas, debates sobre libros, encontros con autores... o clube de lectura da Biblioteca Municipal toma un pequeno descanso nesta época estival que está comezando e que sen dubida traerá novas e diferentes lecturas.


ATA O CURSO QUE VEN!!                                                                    BOAS VACACIONS E FELICES LECTURAS!!








jueves, 18 de mayo de 2017

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 "CARLOS CASARES"

Xesús Manuel Valcárcel coa actividade Carlos Çasares e a Xeración dos 60.
Esta interesante charla completarase coa actuación do Grupo da Escola de Acordeón de Santa Comba.

lunes, 15 de mayo de 2017

A GALIÑA AZUL



Presentación Literaria de "La Dama de los Recuerdos"

Presentación Literaria de "La Dama de los Recuerdos" coa participación de Beatriz Rey Mourelle (Autora), Teresa Puy Fraga (Ilustradora), Oscar Villar Moure (Adestrador) e Maria José Pose Rodríguez (Alcaldesa). Organizada na Biblioteca Municipal de Santa Comba por Ler Librerias.




viernes, 28 de abril de 2017

CLAUSURA DO PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE SANTA COMBA.

Este xoves, 27 de abril, ás 10.30 horas tivo lugar na Biblioteca Municiapal un contacontos como acto de clausura do Proxecto de Dinamización da Biblioteca Municiapl que se levou a cabo nos meses de marzo e abril a cargo da compañía Bululú.
O proxecto levouse a cabo en estreita colaboración cos centros escolares: CRA Santa Comba, CPR Plurilngüe Ntra Sra Inmaculada e CEIP Plurilingüe Pepe Xan Baña.
O obxectivo principal do proxecto foi o de animar e fomentar o uso da Biblioteca Municipal por parte do público infantil así como promocionar a lectura e o libro.




lunes, 16 de enero de 2017

III edición premio literario para novos escritores de Galicia e do Norte de Portugal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal asinaron un memorando de entendemento para establecer acción conxuntas de colaboración a nivel cultural.
No marco deste memorando desenvolvese o Programa Nortear que, entre outras actuacións, contempla a III edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e do Norte de Portugal, froito da favorable repercusión que tivo o dito premio nas dúas anteriores edicións.
 
Sinalar que poderán participar as persoas nacidas na Rexión Norte de Portugal ou Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
 
Finalmente recordar que serán admitidas a concurso todas as obras que teñan data de entrada no seguinte enderezo ata o 30 de abril de 2017:
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 Bouzas-Vigo