A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

martes, 27 de noviembre de 2012

LECTURA FÁCIL



O grupo de Lectura Fácil xa vai polo seu séptimo libro coas suas respectivas películas. O título do libro que empezaron a ler este lúns 26 de novembro do 2012 titúlase “O único que queda é o amor” de Agustín Fernández Paz


ANIMACIÓN Á LECTURA E A IGUALDADE






O 25 de Novembro non pasou desapercibido para a biblioteca municipal de Santa Comba. Deste xeito, os nosos grupos de animación á lectura tiveron a oportunidade de coñecer ó concepto de igualdade a través de diferentes actividades. Unha delas foi a escoita e plasmación do conto clásico “Caperuchiña vermella” co grupo dos máis pequenos (3-5 anos). Nesta ocasión traballamos o conto dende a igualdade, transformando o sexo das personaxes co fin de desmitificar os estereotipos de xénero.
Aproveitamos para recordar que para conseguir a verdadeira igualdade entre homes e mulleres debemos comenzar pola educación dos máis cativos. O mundo da lectura, dos xogos e por suposto os contos clásicos son fontes de transmisión de estereotipos inaxeitados pero que nos podemos transformar dunha maneira sinxela. Por iso a continuación vos presentamos unha listaxe de contos para a igualdade:

- Una feliz catástrofe

- Alfrombiña

- Nera a ferreira

- Xela volveuse vampira!!

- Rosa caramelo

- ¿Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?

- La Cenicienta






viernes, 19 de octubre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA 2012

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Este ano teremos dúas obras de teatro da Compañía Elefante Elegante. Esta compañía crea espectáculos de teatro virtual baseados no xesto e no movemento.




En horario matinal teremos no edificio Multiusos a obra "Tristán, cara de can", será ás 11:30 horas. Pola tarde, na Biblioteca Municipal disfrutaremos dun contacontos titulado "O Aviador", ás 17:30 horas.

"Tristán, cara de can" é un espectáculo dirixido a nen@s de 2 a 12 anos. É unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos.

"O Aviador" é un contacontos destinado aó público infantil a partir dos tres anos.

HORARIOS:

EDIFICIO MULTIUSOS: "TRISTÁN, CARA DE CAN" ÁS 11:30 HORAS

BIBLIOTECA MUNICIPAL: "O AVIADOR" ÁS 17:30 HORAS

lunes, 17 de septiembre de 2012

ANIMACIÓN A LECTURA

Aberto o prazo de inscripción para os nen@s  que desexen participar no curso 2012 - 2013.

Idade: entre os 6 e 12 anos

Poden anotarse na biblioteca ou chamando o 981 880 275


MECANOGRAFÍA POR ORDENADOR

Xa está aberto o prazo para inscribirse no curso de mecanografía por ordenador. Está dirixido a nen@s de 7 a 12 anos. Prazas limitadas. O curso impartirase os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Para anotarse poden pasar pola biblioteca ou chamando o 981 880 275

Comenzo: Mes de outubro

LECTURA FÁCIL

O xoves, 20 de setembro, retoman a actividade o Grupo de Lectura Fácil. Todas aquelas persoas que queiran participar poden anotarse na Biblioteca.

Horario da actividade: 10:30 a 12:00 (todos os xoves)

NOVO HORARIO

O 17 de setembro recuperamos o noso horario de inverno

Luns a venres: 09:00 a 14:00
                          15:30 a 20:30

Sábados:          10:00 a 13:00

sábado, 30 de junio de 2012

HORARIO DE VERÁN

O luns 2 de xullo a BPM xalleira inicia o seu horario de verán.

De luns a venres de 9 a 14 horas.

lunes, 4 de junio de 2012

MELLORA DAS COLECCIÓNS EN GALEGO

A BPM de Santa Comba acaba de ser beneficiaria a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  dun lote de 600 libros ( a maioría infantil - xuvenil ), dentro do Plan  de Mellora das Coleccións Bibliográficas do Libro en Galego.


martes, 15 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS




VIAXE POLA GALICIA ENCANTADA

Para celebrar o Día das Letras Galegas , a BPM convídate a disfrutar o vindeiro 18 de maio da "Viaxe pola Galicia Encantada" da Compañía do Trinke Trinke.

A obra é un percorrido pola Galicia Máxica: a Galicia dos castros, das fontes, das mouras, dos contos e as cancións tradicionais. Contamos, cantamos, bailamos e participamos dende o público desta viaxe marabillosa. 

Data:  Venres, 18 de maio

Hora:  Seis da tarde (18:00 horas)

Duración:  45 minutos

Esperámoste!!

martes, 24 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012

A Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba celebrará o sábado 28 de abril o "Día Internacional do Libro".

Teremos un Obradoiro Contacontos para familias coa autora Amalia Pérez Otero, que ten por título "Contamos Todos".

"Contamos Todos" é un obradoiro aberto a todo o público en xeral, analizaránse os aspectos positivos da lectura e dos libros na casa, veremos os que a literatura actual nos ofrece no tocante aos libros para nenos. Aprenderemos dun xeito divertido a contar e inventar contos aos fillos, coa finalidade de que sexa un momento de encontro entre eles e os pais, e asemade, fomentar o gusto pola lectura.

Ademáis todos os asistentes terán como agasallo un libro.

Non é necesario anotarse.

Data: Sábado, 28 de abril


Horario: De 11:30 a 13:30

viernes, 13 de abril de 2012

UN SÁBADO MOI DIVERTIDO

O pasado sábado 31 de marzo celebramos a conmemoración do Día do Libro Infantil e Xuvenil na Biblioteca Municipal. Disfrutamos cos peques xalleiros da obra Ratos de Biblioteca da compañía Trinketrinke.






martes, 27 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Con motivo da concemoración do día do libro infantil e xuvenil, a Biblioteca Municipal de Santa Comba convídate o sábado 31 de marzo a unha actuación da compañía Trinketrinke. A actuación ten como título "Ratos de Biblioteca" e terá unha duración aproximada de 1 hora ( 12:00 a 13:00 horas)


Ratos de Biblioteca: Especie de ratos que viven na aldea de Lonxedetodo. Cada certo tempo viaxan ata algunha biblioteca para se comunicaren cos humanos, tentar contaxiarlles aos nenos o seu gusto pola lectura e coller contos prestados.




Esperámoste!!