O 25 de Novembro non pasou
desapercibido para a biblioteca municipal de Santa Comba. Deste
xeito, os nosos grupos de animación á lectura tiveron a
oportunidade de coñecer ó concepto de igualdade a través de
diferentes actividades. Unha delas foi a escoita e plasmación do
conto clásico “Caperuchiña vermella” co grupo dos máis
pequenos (3-5 anos). Nesta ocasión traballamos o conto dende a
igualdade, transformando o sexo das personaxes co fin de desmitificar
os estereotipos de xénero.
Aproveitamos para recordar
que para conseguir a verdadeira igualdade entre homes e mulleres
debemos comenzar pola educación dos máis cativos. O mundo da
lectura, dos xogos e por suposto os contos clásicos son fontes de
transmisión de estereotipos inaxeitados pero que nos podemos
transformar dunha maneira sinxela. Por iso a continuación vos
presentamos unha listaxe de contos para a igualdade:
- Una feliz catástrofe
- Alfrombiña
- Nera a ferreira
- Xela volveuse vampira!!
- Rosa caramelo
- ¿Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?
- La Cenicienta