A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

lunes, 29 de octubre de 2018

AS ESTACIÓNS EN CONTOS CON CELTIA FIGUEIRAS

Os sábados 20 e 27 de outubro tivemos dúas  sesións de contacontos  con Celtia figueiras, onde dunha maneira divertida e amena enseñoulles os nen@s a comprender o ciclo da natureza e sentir as estacións na súa plenitude, percibindo cada pequeno cambio, seguindo as súas etapas e poñendo en valor a sabedoría da natureza, que debemos coidar e respectar.

sábado, 20 de octubre de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO

O 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas, esos espazos, lugares de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura. Como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana, como algo que cura, que alonxa ao inocente do que agrede, en especial dos mais vulnerables, o que fai dano, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real. As bibliotecas reparten refuxio, velan po los libros que habitan nelas para que non morran nin desaparezcan.

Achégate á biblioteca o 24 de outubro e terás un premio.

VEN CELEBRALO CONNOSCO

lunes, 8 de octubre de 2018

Maxia divertida 2.0 co Mago Paco



O pasado sábado día 6 de outubro estivo na BPM de Santa Comba o Mago Paco co seu espectáculo “Maxia divertida 2.0”. Todos os asistentes disfrutaron dunha mañan de contos con maxia, da que quedaron gratamente sorprendidos.

lunes, 13 de agosto de 2018

TEATRO CON MONICREQUES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL.
Esta mañá a Biblioteca Municipal acolleu a obra " Xan Perillán e a maleta máxica" da compañía Os monicreques de Kukas, que fixo as delicias e arrincou as risas dunha grande cantidade de nenos e nenas que acudiron á sesión, que integrou teatro e maxia, pero sobre todo diversión a esgalla.