A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

miércoles, 7 de mayo de 2014

CANCIÓNS FALADAS CON PAULA CARBALLEIRA

Con motivo da celebración do " Mes das Letras "  o mes de Maio,  a Biblioteca Pública Municipal invita a tod@s os xalleir@s a participar nesta sesión de contos. O xoves 15 de maio de 11:00 a 12:00 horas da maña. En compañía da autora Paula Carballeira.



Na orixe foi o conto oral. Despois pasou a escribirse e mesmo a desenvolverse en diferentes xéneros: narrativa, poesía, teatro. Nesta sesión de contos repasaremos algúns contos de tradición popular europea que darían orixe a traxedias de Shakespeare, a reelaboracións de contos clásicos de Perrault ou os Grimm, e mesmo a autoras e autores contemporáneos que recollen temas e estructuras das historias de toda a vida, as que se transmitiron de xeracións a xeracións, coa palabra falada e un libro ao lonxe.