A Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba acaba de recibir para o seu fondo un lote de libros en galego (arredor de 500), xunto con algúns xogos e libros con trucos de enredos para os máis cativos. Todo isto donado pola Consellería de Cultura-Difusión Cultural da Xunta de Galicia.