A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

jueves, 20 de octubre de 2011

DÍA DA BIBLIOTECA 2011

O vindeiro 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca co espectáculo "Tomasa que che pasa", unha obra teatral para todos @s nen@s que desexen disfrutar dunha tarde divertida. Será as seis da tarde (18.00 horas), na biblioteca. Esperámoste!!

Sinopse da obra:  A pobre profesora “Tomasa” está desquiciada porque intenta explicarlle ó Duende Sico cómo se fai un libro e as partes que ten, pero el non está prestando moita atención… Menos mal que 
está rodeada de nenos que seguro que lle votan unha man.