O martes 23 de bril celébrase o Día do Libro, e desde a Bpm Santa Comba invitámoste a que nos fagas unha visita, terás como agasallo un libro!
Lemos xuntos, tí e eu. Vemos que as letras forman as palabras e as palabras convértense en libros que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Tí e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Tradución: Concha Blanco